Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, referente ao trámite de audiencia no procedemento de declaración de utilidade pública para o proxecto do parque eólico Campelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (expediente IN661A 2011/16-1).

Tras tentarse practicar sen efecto a notificación referente ao trámite de audiencia en procedemento de declaración de utilidade pública para o proxecto do parque eólico Campelo, nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba (expediente IN661A 2011/16-1), á interesada que se identifica a continuación, sen que ninguén se fixese cargo dela por resultar descoñecido no lugar sinalado para ese efecto, e ignorándose outros lugares de notificación, notifícase mediante o procedemento establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa xurídica interesada identifícase mediante o seu nome e NIF, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Persoas xurídicas interesadas

Nome

NIF

Geoniquel, S.L.

B37508819

O texto íntegro da notificación atópase ao dispor da interesada durante un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 83), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña