Expediente-e: IN407A 2019/139-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS, CT e RBTS na avenida da Coruña.
Concello: Betanzos.
Feitos:
1. O 23 de xullo de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Servizos de Urbanismo e de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e Concello de Betanzos. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos por Augas de Galicia, Instituto de Estudos do Territorio, Servizo de Urbanismo, Estradas e Concello. Hoxe, non consta no expediente resposta do organismo afectado, isto é, Servizo de Patrimonio Natural, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón telecontrolado, de 630 kVA e relación de transformación 15.000/400 V.
– Actuación número 1: liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, desconexión nas celas de MT do CT 15CEH6 e conexión nas celas de MT do CT provisional, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al).
– Actuación número 2: liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV con orixe en empalme proxectado no condutor RHZ1-240 existente tras a desconexión nas celas de MT do CT 15CEH6 e remate nas celas de MT do CT provisional, con condutor tipo
RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al).
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 8 de xuño de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña