Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e consonte o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na praza do Seixo, 1, 36740, Tomiño, en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

923/2020

36054A100005360001DA

Tomiño, 11 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente