Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO do Acordo do Pleno do Concello polo que se aproba definitivamente o estudo de detalle para ordenación de volumes (Paiosaco).

Logo de aprobar definitivamente o seguinte estudo de detalle o Pleno do Concello da Laracha en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de maio de 2020, publícase para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, e 199 do seu regulamento:

Tipo de instrumento:

Estudo de detalle

Ámbito:

Parcelas catastrais 6595701NH3869N0001WG 6595702NH3869N0001AG e 6595703NH3869N0001BG

Instrumento que desenvolve:

PXOM

Obxecto:

Ordenación de volumes edificables

Clasificación do solo:

Ámbito situado en solo urbano consolidado

Cualificación do solo:

SU-3 Edificación agrupada

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

A Laracha, 3 de xuño de 2020

José Manuel López Varela
Alcalde