Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25682

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2020 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade.

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2020/21.

Tras a avaliación efectuada, e de conformidade co disposto no artigo 12 desa resolución, a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas faranse públicas un mes despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e poderase consultarse nas páxinas web: http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nos respectivos centros.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, que poderá consultarse nas páxinas web http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nos respectivos centros.

Segundo

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos 5 días posteriores á data da exposición pública desa relación provisional.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar