Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25509

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que cualificará as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato.

Unha vez convocado o proceso de acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Deseño, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Arte Dramática para o curso 2020/21 polas respectivas resolucións do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 17 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que avaliarán e cualificarán as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato.

Segundo. Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal da proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Presidente

Manuel Guerra Fernández

Secretaria

Rosa Giao Sánchez

Secretaria

Mª Luz Ares Fandiño

Vogal 1ª

Noemí Álvarez Villar

Vogal 1º

José Antonio Maroño Buján

Vogal 2ª

Mª Jesús Lorenzana Lamelo

Vogal 2ª

Sonia Vázquez Gómez

Vogal 3ª

Carmen Meiriño González

Vogal 3ª

Mª Rosario Ureña Lara

Vogal 4º

Manuel Ángel García Gómez

Vogal 4ª

Mª Esther Barroso Millán

Vogal 5ª

Julita Taboada Martínez

Vogal 5º

Esteban Calviño Louzao

Vogal 6º

Ricardo Pita Fernández

Vogal 6ª

Victoria Cerviño Ferrín