Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xuño de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación dos montes Coutada e A Fontiña, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, do concello das Neves.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: As Neves.

Parroquia: Liñares.

Nome do monte: Coutada.

Cabida: 1.011 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36034A005014320000HR.

Estremas:

Polígono

Parcela

Norte

Sur

Leste

Oeste

5

1432

Camiño público

Camiño público e Eugenia Antos Estévez

Camiño público

Hermenegildo Gándara Gil e Luisa Soto Campos

Nome do monte: A Fontiña.

Cabida: 524 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36034A017000020000HZ.

Polígono

Parcela

Norte

Sur

Leste

Oeste

17

2

Eduardo Rodríguez Rocha e Abelardo Avalle Durán

Estrada Salvaterra-As Neves

María del Carmen Estévez Novoa

Victoriano Avalle Alcántara,

Steve e José

Hermosa Souto Álvarez

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 15 de xuño de 2020

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora