Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2020/33-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2.880 COITI Vigo, en maio de 2020, con visado nº 22000597, do 27.5.2020, do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.

Domicilio: rúa Coruña, nº 20 baixo, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación CT Melón I (2203-AT).

Situación: lugar de Melón, concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 57.946,58 €.

Características técnicas: reforma global CT Melón I con aumento de potencia, que inclúe novo CT, que pasa de 160 a 250 kVA, r/t 20.000/400-230 V, e a súa aparamenta asociada; novas celas CGCOSMOS de Ormazabal: 2 de liña motorizadas e 1 de protección de fusibles; equipamento de telemando e cadro de distribución en BT; montaxe de equipamento rectificador-cargador-batería para alimentación do automatismos; nova instalación de iluminación e renovación de liñas E/S en media e baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 4 de xuño de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense