Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2020/21.
Tras a avaliación efectuada, de conformidade co disposto no artigo 12.5 in fine, a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública un mes despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, que poderá consultarse na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Segundo. As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos cinco días posteriores á data da exposición pública da devandita relación provisional.
Ourense, 26 de xuño de 2020
María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense da Consellería de Política Social