Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 161/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 161/2019, por instancia de Silviu Asan, contra o executado José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou, o día 11 de xuño de 2020, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 4.621,08 euros de principal máis 462,10 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza