Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de maio de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte da Confraría de Pescadores de Burela, con destino a nave para departamentos de armadores e almacén auxiliar da fábrica de xeo e medios mecánicos.

O patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela solicita unha concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario con destino a nave para departamentos de armadores e almacén auxiliar da fábrica de xeo e medios mecánicos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de maio de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte