Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25174

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se convoca concurso público de selección de oferta para o outorgamento en réxime de autorización do almacén número 1, con 2.067 metros cadrados, no peirao do Ramal (parcela 01-006), destinado a almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da autorización.

En virtude do artigo 78.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, esta presidencia,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar concurso público para o outorgamento en réxime de autorización almacén nº 1, de 2.067 m2 situado no peirao do Ramal.

Segundo. Aprobar o prego de bases do concurso e o prego de condicións que rexerá a autorización.

Terceiro. Nomear á mesa de contratación, que estará composta por:

– Presidenta: Begoña Mesejo Loureiro, directora da Autoridade Portuaria

– Secretaria: Mª. Celeste Muñiz Otero, xefa do Departamento de Secretaría Xeral.

– Vogal 1: un Avogada do Estado.

– Vogal 2: Alejandra Santoalla Vidal, xefa da Unidade de Dominio Público.

Cuarto. Publicar o anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O prazo de presentación de proposicións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2020

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría