Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Planta para valoración e almacenamento temporal de residuos da construción e demolición (RCD) de obra pública de estradas e camiños, na parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos (expediente 2018/0235).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o Informe de impacto ambiental, do 9 de xuño de 2020, do proxecto de planta para valoración e almacenamento temporal de residuos da construción e demolición (RCD) de obra pública de estradas e camiños, na parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos (Pontevedra), promovido por Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático