Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25101

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia, número 37, do 21 de febreiro), que figuran como anexo desta resolución. As axudas foron aprobadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.422L.770.0; código do proxecto 201600213, cofinanciadas polo Feader, o MAPA e a Consellería do Medio Rural, cun crédito orzamentario para o ano 2019 de 63.680,21 €.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Expediente

Beneficiario

NIF/CIF

Axuda

AGACA_MR204A_2019

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias

F15156557

3.665,99

ODEGA_MR204A_2019

Asociación de Desenvolvemento Rural Odega

G15917305

5.632,07

ASOC.EMPR.DEZA_MR204A_2019

Asociación de Empresarios de Deza

G36187169

1.194,50

ASOC.GAND.LUGO_MR204A_2019

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

G27310044

8.587,56

ASELAGA_MR204A_2019

Asociación Sectorial Láctea Galega (Aselaga)

G15556707

3.193,10

AE_LOGO_MR204_2019

Autoescuela Logo, S.L.

B27483767

1.009,77

ACADINFO_MR204A_2019

Centro de Estudios Acadinfo, S.L.

B94004801

5.115,64

CEICA_MR204A_2019

Centro de Estudios Informáticos Contables Administrativos (CEICA)

B36858074

3.391,59

CLIN.VET.FRIOL_MR204A_2019

Clínica Veterinaria Friol, S.L.

B27482504

13.409,25

MEGA_MR204A_2019

Estudios Mega, S.L.

B36964542

3.375,73

EFAs_GALICIA_MR204A_2019

Federación EFA/s Galicia//C.P.R. EFAG Fonteboa

G15299357

2.313,72

FUND.COREN_MR204A_2019

Fundación Coren

G32246951

5.005,74

UU.AA-UPA_MR204A_2019

Unións Agrarias-UPA

G15115322

7.785,55

63.680,21