Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xuño de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o pagamento dos depósitos previos e a formalización de actas de ocupación, ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/266.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o pagamento dos depósitos previos e a formalización de actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras do «Proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coiradas-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06» que terá lugar no Concello de Marín (avenida de Ourense, s/n) o día 8.7.2020.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden consultar o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de xuño de 2020

Manuel Angel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Número

parcela

Referencia
catastral

Titular

Data

Hora

6

36026A01200005

Acuña Dopazo, Adelina

8.7.2020

10.50

8

36026A01200014

Pereira Vilariño, Francisca

8.7.2020

11.10

18

36026A01400083

García, Josefa

8.7.2020

12.50