Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24791

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 27 de febreiro de 2020 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas) promovidas por grandes empresas galegas, e convocar as ditas axudas para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

Esta convocatoria finánciase con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Total

09.A1.741A.7706

150.000 €

1.500.000 €

4.350.000 €

6.000.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2022.

O prazo para presentar a solicitude de cobramento será dun mes desde a finalización do prazo de execución fixado na resolución de concesión.

O prazo para solicitar anticipos será ata o 15 de outubro de cada ano para os gastos das anualidades 2020 e 2021, e ata o 15 de marzo de 2022 para os gastos da anualidade 2022.

O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2020 abranguerá ata o 15 de novembro de 2020. O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2021 rematará o 15 de novembro de 2021.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei  2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007) indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas) promovidas por grandes empresas galegas

A Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xuntade Galicia na súa sesión do 13 de maio de 2015, establece cinco plans de impulso con 26enfoques estratéxicos e 60 medidas que deberá desenvolver a Administración galega entreos anos 2015 e 2020. Entre estes plans de impulso está a mellora dos factores territoriaisde competitividade, que recolle as medidas que a Administración pública debe tomar parapromover un contorno favorable para o desenvolvemento da actividade industrial.

O Igape, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a acadar os obxectivos económicosestratéxicos da comunidade galega.

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de apoiar a posta en marcha deproxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e os consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade. Tras da publicacióndunha iniciativa con idénticos obxectivos, pero dirixidas a pemes, especificamente creadas para a creación e xestión das infraestruturas, observouse que, ampliando as posibilidades de promoción destas infraestruturas abertas e compartidas a grandes empresas galegas, podería facilitarse a capacidade financeira e, por conseguinte, a de xestión solvente das infraestruturas que se creen, así como apoiarse na capacidade tractora destas grandes empresas para a utilización de infraestruturas estratéxicas polo tecido empresarial e emprendedor de Galicia, polo que, aplicando fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, se considera de interese ampliar a promoción de espazos á capacidade executora das grandes empresas galegas.

Estas axudas ampáranse no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.

b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice. Non serán subvencionables os proxectos en que o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou maioritario a infraestrutura para si ou para a execución de proxectos para terceiros. Para os efectos destas bases considerarase utilización maioritaria por parte dun terceiro a que supere o 75 % da facturación da infraestrutura.

c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.

d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.

2. Non serán subvencionables os proxectos de desenvolvemento de infraestruturas de investigación, de agrupacións empresariais innovadoras, sistemas urbanos de calefacción e refrixeración enerxeticamente eficientes, infraestruturas de enerxía, reciclaxe e reutilización de residuos, infraestruturas de banda larga, cultura e conservación do patrimonio, infraestruturas deportivas e recreativas multifuncionais, aeroportos e portos.

3. O investimento global para a creación da infraestrutura deberá ser inferior a 20.000.000 €.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. Estas axudas ampáranse no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 6 destas bases.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades mercantís con domicilio social ou centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima que excedan a definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en territorio galego.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 40 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios sexa mediante financiamento externo.

c) Que teñan sede social ou algún centro de actividade en Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, segundo o artigo 1.3.a)do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014. As empresas solicitantes deberán cubrir no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

Artigo 5. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan de forma indubitable á infraestrutura subvencionada e que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os cales o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a data de posta en marcha d a infraestrutura.

b) Adquisición de edificacións ou construcións por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable. Poderá superarse esta porcentaxe no caso de que a operación consista, atendendo ao seu obxecto e finalidade, na adquisición de edificaciónsxa existentes para ser rehabilitadas ou postas a punto para un novo propósito, de modo que o terreo en que estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Non se considerará que a edificación constitúe o elemento principal dunha adquisición, calquera que sexa o obxecto ou finalidade da operación, cando o valor de mercado do solo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.

c) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiaisde transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

d) Outros investimentos en activos fixos materiais, incluíndo mobiliario.

e) Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:

1º. Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2º. Deben ter a consideración de activos amortizables.

3º. Deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado.

4º. Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

f) Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

2. Os bens de equipamento adquiridos deberán ser novos ou cumprir os requisitos para a súa admisión establecidos na Orde HFP/1979/2016:

– Que os bens non fosen obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, o cal deberá acreditarse mediante certificación de taxador independente.

3. Os investimentos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicitasubvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Para tal efecto, o solicitante deberá achegar unha declaración expresa, incluída no formulario electrónico de solicitude de axuda.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso e firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

4. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

5. O beneficiario deberá adquirir os bens obxecto de investimento en propiedade.

No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, e nese momento debe constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

6. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, vinculación que se entenderá nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

7. Cando algunha parte do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

8. Cando se dean as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público, a entidade beneficiaria deberá cumprir co disposto para os contratos subvencionados.

9. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 6. Contía da axuda

1. O importe da axuda será do 60 % aplicado ao montante dos investimentos subvencionables menos o beneficio de explotación calculado ao longo do período de explotación do negocio definido no punto 4 deste artigo, co límite absoluto de 2.500.000 €.

2. Entenderase como «beneficio de explotación» para os efectos destas axudas a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate. Para o cálculo utilizarase unha taxa de desconto do 4 %. Se esta diferenza é negativa, o «beneficio de explotación» será nulo.

3. Entenderanse como «custos de explotación» para os efectos destas axudas os custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueres ou administración, excluíndo os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento (incluída, pero non limitada á presente axuda). En particular, serán considerados custos de explotación:

a) O importe dos seguros que se establecen como obrigatorios no artigo 14.b) destas bases.

b) A amortización correspondente a substitución do investimento subvencionable debido á obsolescencia ou avaría.

c) A amortización correspondente ao reforzo e mellora da infraestrutura, sempre que non se financie mediante axudas ao investimento.

4. A axuda concederase con base no plan de viabilidade que presente o solicitante (segundo o modelo de plan económico e cálculo da subvención incluído no formulario electrónico de solicitude). O plan de viabilidade referirase a un período de 10 anos desde a posta en marcha da infraestrutura. Se o período de amortización da infraestrutura for superior aos 10 anos, o valor residual dos activos subvencionados deberá terse en conta para o cálculo do beneficio de explotación mediante o cálculo do valor neto actual dos fluxos de efectivo nos anos de vida útil restantes do investimento.

Artigo 7. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. Para presentar a solicitude, a persoa representante da sociedade deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, despois do cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante da sociedade mercantil deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

b) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

d) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de catro anos a partir do remate do prazo de execución.

g) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de mantemento dos investimentos definido no artigo 14.a) destas bases.

h) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, vinculación que se entenderá nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederase aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, previa resolución de arquivamento.

No caso de presentala de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http:// administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberase necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por partedo Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e oenderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

4. A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Memoria descritiva do proxecto e do investimento proxectado, que se cubrirá no propio formulario electrónico de solicitude, no formato proposto pola aplicación.

b) Se é o caso, memoria dos activos que achega a sociedade para o funcionamento da infraestrutura valorados por un experto independente, indicando para cada elemento a data de adquisición ou incorporación, valor ou custo de adquisición e importe da amortización acumulada na data de incorporación á sociedade.

c) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, debe solicitar o interesado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases, para os investimentos do proxecto de infraestrutura.

d) No caso de investimento en obra civil, deberán achegar os seguintes planos:

1º. Esbozo de localización dentro do termo municipal.

2º. Plano xeral cotado das instalacións no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.

3º. Planos de distribución en planta nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipamento.

e) No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación da letra d), o solicitante deberá presentar o contrato de arrendamento do inmoble, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura.

f) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

5. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude: todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 7.4 destas bases.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

i) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 9. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Competitividade do Igape e a competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador cuxos membros serán designados pola Dirección Xeral do Igape de entre o persoal da Área de Competitividade. Este órgano estará composto por un mínimo de tres membros e contará cun presidente e un secretario/a con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. Para a avaliación dos proxectos o Igape poderá utilizar o sistema de defensa pública do proxecto. Tanto a memoria que acompañe a solicitude requirida no artigo 7.4.b) como a defensa pública deben responder de forma clara e explícita a cada un dos criterios de avaliación de proxectos deste punto.

No caso de defensa pública do proxecto os aspirantes serán convocados cunha antelación mínima de dez (10) días hábiles. Na convocatoria indicaranse a data, o lugar e a hora da intervención. Posteriormente, procederase a efectuar o chamamento para que un representante da agrupación ou da empresa solicitante realice a exposición e defensa do proxecto. Os membros do órgano avaliador poderán efectuar preguntas para unha mellor comprensión do proxecto. Se unha empresa ou agrupación non se presenta á exposición pública, a súa solicitude será denegada. De ser imposible a asistencia, a empresa ou agrupación deberá notificalo antes da data establecida, co fin de que se lle asigne unha nova data.

4. Finalizada, se é o caso, esta fase de exposición e defensa, o órgano avaliador procederá a puntuar cada proxecto de acordo cos seguintes criterios de avaliación:

a) Interese para o tecido empresarial de Galicia da infraestrutura: 30 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Grao de necesidade da infraestrutura baseado nos servizos ofertados, na inexistencia previa no territorio de infraestruturas competidoras e non interferencia con iniciativa privada local: ata 10 puntos.

ii. Dimensión económica da Sociedade promotora da infraestrutura, así como das entidades usuarias ou interesadas no proxecto que establezan claramente o seu interese mediante as correspondentes cartas de adhesión motivadas: ata 8 puntos.

iii. Vantaxes ambientais, de existiren: ata 4 puntos.

iv. Grao de innovación tecnolóxica da infraestrutura: ata 4 puntos.

v. Grao de aliñación cos obxectivos da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e cos obxectivos da RIS3 de Galicia: ata 4 puntos.

b) Achegas públicas ou privadas ao proxecto na forma de fondos, inmobles, instalacións, compromisos de cesión a longo prazo, equipamento e outros: 20 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas asignando maior puntuación ás solicitudes cuxas achegas sexan máis importantes cualitativa ou cuantitativamente.

c) Plan de explotación e modelo de xestión: 30 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Sustentabilidade, coherencia, concreción do plan de negocio presentado, obxectivos do proxecto e xustificación con base neles da necesidade das partidas económicas consignadas: ata 10 puntos.

ii. Sistema de acceso para terceiros, marco de admisión, regulación e tarificación, limitacións, contraprestacións e outras características, primando aquelas que supoñan un maior beneficio para os usuarios da infraestrutura: ata 10 puntos.

iii. Período de amortización dos investimentos para os cales se solicite axuda, primando aqueles que teñan un baixo período de amortización: ata 6 puntos.

iv. Compromisos de contratación de persoas con discapacidade ou diversidade funcional alén dos mínimos establecidos: ata 4 puntos.

d) Impacto do plan de actividades asociado á infraestrutura: 20 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Actividades de formación, difusión e dinamización do tecido económico propostas: ata 10 puntos.

ii. Actividades de fomento da internacionalización e innovación: ata 5 puntos.

iii. Actividades de atracción de talento e fomento do emprendemento e outras similares: ata 5 puntos.

No caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máispuntos na valoración dos criterios a, b, c, e d, sucesivamente. De persistir o empate, darase preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

5. O órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadasen 40 puntos e elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuaciónoutorgada a cada unha delas.

a) Seguindo a orde de prelación establecida no punto anterior, en orde decrecente de puntuación, asignaranse as axudas aos proxectos mentres haxa crédito suficiente para outorgar a axuda.

b) O resto dos proxectos que superen os 40 puntos pasarán a formar parte da lista de reserva, conservando a súa orde de prelación para a asignación de axuda no caso de renuncias ou incumprimentos. Esta lista de reserva manterase vixente durante seis meses desde a resolución da convocatoria.

Artigo 11. Resolución

1. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión formulará, a partir da relación de solicitudes puntuadas, a proposta de resolución, debidamente motivada, e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que corresponden á entidade beneficiaria.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación e, se é o caso, o posto na lista de reserva, que terán unha vixencia de seis meses desde a publicación da resolución, durante o cal se poderá resolver a concesión de axudas pola orde que figura na lista sempre que se produzan renuncias ou incumprimentos que liberen o orzamento suficiente.

4. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria; transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibiren as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun aviso de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse modificacións da resolución inicial dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, sempre que estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Nomeadamente, non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. O beneficiario deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. Para solicitar a modificación, deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 7 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación dirixida á Dirección Xeral do Igape. A solicitude de modificación deberá presentala con anterioridade á finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal sedará audiencia, de ser preciso, aos interesados.

Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos vinculados ao servizo prestado pola infraestrutura, no centro de traballo en Galicia, durante o período dos tres anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a infraestrutura se manteña en funcionamento en Galicia durante o período mencionado. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos contado desde a data de posta en marcha da infraestrutura. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante 5 anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

b) Subscribir e manter activas durante o período de mantemento dos investimentos pólizas de seguro e/ou garantías do fabricante dos equipamentos que permitan a reposición dos activos subvencionados en caso de sinistro ou avaría. A prima do seguro deberá dedicarse integramente, en caso de sinistro, á dita reposición.

c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requiridano exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidospola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control durante, polo menos, un período de 4 anos a partir do remate do prazo deexecución.

e) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursosque financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere o importe establecido no artigo 6 destas bases.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados.

g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia segundo o establecido no anexo III a estas bases.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, no caso de superar os límites de beneficios no período determinado no plan de viabilidade establecido no artigo 6.4 destas bases ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

i) No caso de non ser capaz de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

j) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 15. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https:// www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo sexa porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presente en prazo ou a xustificación sexa incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que leve a cabo a revisión da conta xustificativa como exixe o artigo 50.1.b) do Decreto 11/2009. Este informe expresará o criterio do auditor e fará mención explícita ás comprobacións realizadas, co alcance mínimo seguinte:

1º. A correcta realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados segundo os termos destas bases e da resolución de concesión, incluíndo (pero sen limitarse a) o seguinte:

– Aplicación dos gastos realizados a conceptos subvencionables do artigo 5, cumprindo os límites máximos e outras exixencias del.

– Execución no período subvencionable.

– No caso de bens de equipamento de segunda man: a existencia dunha declaración do beneficiario sobre a orixe dos bens e a non existencia de subvención anterior, así como dun informe de taxador, segundo o artigo 5.2.

– Rastrexabilidade entre os gastos para os cales se concedeu a resolución e a súa facturación e pagamento.

– Correcta aplicación deles tendo en conta a marxe do 20 % establecida no punto 8 deste artigo.

– Existencia de xustificante de transferencia, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a súa veracidade. Nestes documentos deberán quedar identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura.

– Documento bancario auténtico que acredite a identificación do receptor e emisor do pagamento.

– Xustificación do cambio empregado no caso de presentar facturas en moeda estranxeira.

2º. A existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

3º. No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade, a existencia de escritura pública en que conste que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida, aspectos estes que deben ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007. Deberase comprobar a anotación no rexistro da afección do activo ao bo fin do obxecto da subvención.

4º. No caso de adquisición de bens inmobles, a existencia e correspondencia co importe pagado dun certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da referida Lei 9/2007.

5º. No caso de reforma de inmobles arrendados, existencia dun contrato de arrendamento cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

6º. No caso de obra civil, a suficiencia da habilitación municipal correspondente para a súa execución.

7º. A existencia de habilitación para a execución da actividade xunto coas correspondentes licenzas administrativas para a posta en marcha e o funcionamento da infraestrutura.

8º. O cumprimento das obrigas establecidas no artigo 14 destas bases canto á execución do proxecto (14.a), subscrición de pólizas e garantías (14.b), existencia de rexistros contables axeitados (14.d), contabilidade separada (14.f) e requisitos de comunicación (14.g).

9º. O cumprimento e mantemento dos requirimentos para ser beneficiario establecidos no artigo 4 canto á achega privada mínima (4.1.b) e á localización da sede social (4.1.c).

10º. No caso de investimentos en activos intanxibles, cumprimento das condicións establecidas no artigo 5.1.e) destas bases.

11º. A existencia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario para determinados gastos, de acordo co establecido no artigo 5.7 das bases reguladoras.

12º. Cumprimento dos requirimentos do artigo 1.1 destas bases.

13º. A declaración responsable do auditor sobre a contía da axuda correctamente xustificada de acordo coas bases.

O informe de auditor deberá anexar toda a documentación probatoria (facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009, que deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado e, cando o beneficiario non dispoña de factura electrónica, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel; xustificantes de pagamento, evidencias das comprobacións realizadas etc.) que acrediten a súa correcta realización segundo as normas de actuación e supervisión aplicables.

En todo o non especificado nestas bases e na normativa aplicable deberá terse en conta a Orde EHA/1434/20017, do 17 de maio, substituíndo, de ser o caso, as referencias á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, polas correspondentes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14.g) destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

6. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

8. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de investimento aprobadonin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

9. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que poidan dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 13 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007.

Artigo 16. Aboamento das axudas

1. O aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

2. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

3. Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 80 % do importe da subvención concedida, segundo o establecido no artigo 63.3 do Decreto 11/2009, sempre que o beneficiario o solicite marcando esta opción no anexo II, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente e dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria. O beneficiario queda eximido da obriga de constituír garantías conforme o disposto no artigo 67.4 do devandito Decreto 11/2009.

A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada do órgano concedente da subvención.

O primeiro anticipo concedido non superará o 20 % da axuda e librarase contra a presentación dunha memoria de actividades previstas e orzamento de gastos anuais. Cada solicitude de anticipo posterior deberá xustificar o nivel de avance do proxecto mediante unha xustificación simplificada que será análoga á do artigo 15 sen incluír o expresado nos puntos 5.b.2º, 5.b.3º, 5.b.7º, 5.b.13º ou outros que razoablemente só sexan posibles coa finalización do proxecto.

Artigo 17. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa comunidade autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar ao proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 40 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no artigo 17.4.

h) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

i) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 14 destas bases.

j) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, excepto o permitido no artigo 15.9.

k) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

l) Non poñer en marcha a infraestrutura para a cal se solicita a subvención, ou facelo de xeito deficiente, nun período dun ano desde o fin do prazo de execución do proxecto establecido. Este período poderase prorrogar por solicitude do interesado, sempre que concorran causas xustificadas para isto.

m) Incumprimento grave do plan de negocio achegado para o proxecto.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvenciona-bles e, neste caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Se o incumprimento supera o 70 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

5. No período de mantemento dos investimentos, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indica a seguir:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 14 destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Non manter os investimentos ou arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito. Exceptúase a substitución regulada no artigo 14.a).

Artigo 18. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 19. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 14, e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 20. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de catro anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará na súa páxina web oficial e no Diario Oficial de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o beneficiario da subvención está obrigado a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei  38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 22. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nas presentes bases reguladoras a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2014-2020 (DOUE C 209, do 23 de xullo de 2013).

c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

g) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas.

Responsabilidade do beneficiario.

O beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape e da Xunta de Galicia ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia, a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021.

2. Durante a realización do proxecto e mentres dure o período de mantemento dos investimentos definido no artigo 14.a):

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape e da Xunta de Galicia, a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021. Para cumprir con este requisito pode incluírse, integrado no espazo web da empresa, a seguinte imaxe: http://www.igape.es/images/Publicidad/FPI-IG274-InfraestruturasEstratexicasAbertas.png

b) Para os proxectos subvencionados por importe inferior a 500.000 €, o beneficiario deberá colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira do Igape e da Xunta de Galicia, a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio. Para proxectos subvencionados por importe igual ou superior a 500.000 €, o beneficiario deberá colocar un cartel temporal de tamaño significativo nun lugar ben visible para o público durante o prazo de execución do proxecto.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

2. Para proxectos cunha subvención superior a 500.000 €, ademais, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo nun prazo de tres meses a partir da data de finalización do proxecto.

O contido e modelos da placa permanente serán idénticos aos do cartel temporal. Recoméndase a reprodución da placa permanente en material auto-adhesivo para contracolaxe nunha base de metacrilato ou aceiro pulido, latón

O contido e modelos da placa permanente serán idénticos aos do cartel temporal. Recoméndase a reprodución da placa permanente en material auto-adhesivo para contracolaxe nunha base de metacrilato ou aceiro pulido, latón ou similar.