Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun campamento turístico en solo rústico.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello do Grove, en sesión do 5 de maio de 2020, confirmouse a aprobación inicial producida por silencio administrativo do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun campamento turístico en solo rústico, en Balea, San Vicente do Grove, con referencia catastral 36022A029005430000EM, promovido pola entidade Top Balea Beach, S.L., e redactado polo arquitecto Francisco Lorente Rivas (núm. de rex. 20196-E-RC-161 10.01.2019) incluído anexo de modificación dos números 5.2 e 5.3 (núm. de rex. 2019-E-RC-3654).

De conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo ou obter copias para efectos da presentación das alegacións que se consideren pertinentes; o borrador do documento estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://concellodogrove.sedelectronica.gal), no Portal de transparencia.

O Grove, 21 de maio de 2020

José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde