Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da publicación das bases que rexerán na cobertura dun posto de director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, por libre designación.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 132, do 10 de xuño de 2020, foron publicadas as bases que rexerán cobertura dun posto de director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial para o Concello de Ourense, por libre designación.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na sede electrónica do Concello de Ourense e, cando proceda, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 11 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 10.9.2019)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos