Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24255

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 4 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 222, do 21 de novembro), dáselles publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2019 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Título do convenio

Data sinatura

Importe

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, para a realización do módulo de formación en centros de traballo, por parte dos estudantes de formación profesional, no porto de Marín e ría de Pontevedra.

4.9.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fulbright.

9.9.2019

432.000,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico ente España e os Estados Unidos de América para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fulbright.

9.9.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as empresas Inversiones Hosteleras de Galicia, S.L. e Gacamar, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

10.9.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades 2017).

16.9.2019

294.000,00 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro, para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade.

19.9.2019

36.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e, especialmente, nas da familia profesional de madeira, moble e cortiza.

19.9.2019

30.050,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de madeira, moble e cortiza.

19.9.2019

20.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.9.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Concello de Coirós para a construción dunha escola de educación infantil (EEI).

23.9.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a empresa Talleres López y Vázquez, S.L., en materia de formación profesional dual.

27.9.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020.

30.9.2019

4.510.771,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVigo) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020.

30.9.2019

4.279.205,91€

Addenda ao convenio de colaboración entre la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España para a obtención do diploma de estudos en lingua francesa na súa versión escolar.

30.9.2019

0,00 €

Addenda ao convenio marco entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A., para o desenvolvemento de actuacións en materia de emprendemento, educación financeira e formación profesional.

7.10.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

14.10.2019

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial de Ourense, para a creación dun centro galego de innovación da formación profesional en Ourense.

29.10.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a organización e desenvolvemento das actividades do II cumio académico e do coñecemento Celac-UE (Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños-Unión Europea).

6.11.2019

352.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Concello de Cangas para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia profesional de actividades físicas e deportivas.

13.11.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para reforzo das liñas de investigación posdoutorais.

14.11.2019

412.925,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Naturgy, para promover e impulsar as ensinanzas de formación profesional e, especialmente, as relacionadas co sector do mantemento de vehículos propulsados con gas natural, gas renovable e a rehabilitación eficiente en edificios.

27.11.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para desenvolvemento dos servizos xerais de apoio á investigación.

9.12.2019

5.332.849,00 €

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional da familia de seguridade e ambiente.

11.12.2019

40.603,49 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020.

20.12.2019

951.323,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVigo) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020.

20.12.2019

998.412,00 €

ANEXO II

Título do convenio

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo, para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2019

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e Banco Santander, S.A., para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

29.8.2019

0,00 €