De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 5 de xuño de 2020 do proxecto Nave para compostaxe de esterco de galiñaza na parroquia de Sabariz, no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) promovido por José Antonio García Blanco.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático