Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 73/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 73/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Martínez Novo contra a empresa Servicios Integrales Dos Andando, S.L., sobre despedimento, se ditaron decretos do 28.4.2020 e 4.6.2020, ambos os dous recorribles en revisión no prazo de tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza