Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 17 de xuño de 2020 Páx. 24239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xuño de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 31/2020 do expediente de reposición da legalidade 107B-2004/15-0.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 31/2020, interposto por Noantia, S.L., contra a desestimación por silencio da nulidade interposta mediante escrito do 5.7.2019 fronte á resolución da Dirección Xeral de Urbanismo no expediente de reposición da legalidade 107B-2004/15-0, na cal se declaraban ilegalizables as obras consistentes en movementos de terra, apertura de vía de acceso, instalación dun depósito de GLP e construción de tres vivendas unifamiliares en Fontemaior, concello de Culleredo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Ramón Enrique Vázquez Prado e Sara Ríos Ferrol para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística