Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 24008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de xuño de 2020 de convocatoria do pagamento de depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación e indemnizacións por ocupación temporal, e de levantamento das actas de ocupación, por expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de modificación da estación de tratamento de auga potable da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra de Miño-As Neves, zona de captación.

No desenvolvemento do proxecto sectorial da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (en diante, Plisan) actúa como Administración expropiante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) e como beneficiarias e entidades promotoras, ademais do citado organismo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, o Consello da Xunta de Galicia, na sesión do 30 de xaneiro de 2020, acordou a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a execución das obras do proxecto denominado de modificación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como calquera das modificacións que sexan necesarias realizar para a súa execución.

En virtude do citado artigo e tras os correspondentes anuncios, o 28 de febreiro de 2020 levantáronse as actas previas á ocupación. Nas ditas actas recolléronse as manifestacións e os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e as perdas, de ser o caso, derivados da rápida ocupación. Neste acto, algunhas das persoas titulares dos predios que resultaban expropiados parcialmente solicitaron a expropiación completa.

De conformidade co establecido nos artigos 23 e 46 da citada Lei do 16 de decembro de 1954, a Dirección Xeral do IGVS ditou, o día 6 de marzo de 2020, resolucións que aceptaban a expropiación completa dos predios solicitados e corrixían os bens, de ser o caso, existentes no expediente.

O artigo 58 do regulamento da Lei de expropiación establece que a cantidade determinada como depósito previo deberá consignarse na Caixa Xeral de Depósitos, non sendo que a persoa expropiada, cando non houbese cuestión sobre a súa titularidade, prefira percibila renunciando aos xuros legais establecidos na regra cuarta do artigo 52 da Lei de expropiación.

Polo anterior, deben ser citadas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, na data e na hora que se indique para o pagamento de depósitos previos e as indemnizacións por rápida ocupación, así como as indemnizacións por ocupación temporal.

Os titulares deben ser citados, ademais, para o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto denominado de modificación da ETAP da Plisan, zona de captación.

Este expediente foi afectado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por COVID-19 (e modificacións posteriores), o cal limitaba a liberdade de circulación de persoas e, polo tanto, que puidesen acudir a este tipo de citacións. Unha vez permitida esta libre circulación de persoas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, convén convocar e citar as persoas titulares dos bens e dereitos afectados neste expediente expropiatorio.

En consecuencia, acórdase:

Convocar e citar os titulares dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto denominado modificación da ETAP da Plisan, zona de captación, que aparecen no anexo para os referidos pagamentos e o levantamento das actas de ocupación:

– Pagamento de depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación e indemnización por ocupación temporal, as cales se levarán a cabo no salón de plenos do Concello das Neves, praza da Cristiandade, 1, o día 29 de xuño de 2020, ás 10.00 horas.

– Actas de ocupación, as cales se levarán a cabo no mesmo lugar ca as anteriores o día 1 de xullo de 2020, ás 10.00 horas.

Para os pagamentos deberá terse en conta o seguinte:

– Que o pagamento de depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación e indemnización por ocupación temporal só se fará efectivo aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade. Para tal efecto, as persoas interesadas achegarán a certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

– Que se a persoa expropiada non comparecese, rexeitase o ofrecemento do pagamento, non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

– Que para o cobramento deberán comparecer todos os titulares persoalmente e presentar o NIF e copia deste, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder notarial suficiente do cal, igualmente, achegarán copia. Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello das Neves e nun xornal da localidade. Ademais, notificaráselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificaráselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na lista do anexo a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das anteditas actas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

ANEXO

Convocatoria e citación para os pagamentos de indemnizacións e depósitos previos á ocupación, e indemnizacións por ocupación temporal, ademais das actas de ocupación pola execución das obras do proxecto denominado de modificación da ETAP da Plisan, zona de captación

Núm. orde

Referencia
catastral

Polígono

Parcela

Titular

Actas de pagamentos

Actas de ocupación

Día

Hora

Día

Hora

1

36034A16100110

161

110

Descoñecido

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

2

36034A16101647

161

1647

Descoñecido

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

3

36034A16101646

161

1646

Tiago González, Constante

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

4

36034A16100106

161

106

Alonso Antes, José

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

5

36034A16100107

161

107

Beceiro Beceiro, Andrés

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

6

36034A16100105

161

105

Rodríguez Castro, María Alicia

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

7

36034A16100108

161

108

Santos Lira, María

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

8

36034A16100109

161

109

Rodríguez Castro, María Concepción

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

9

36034A16101645

161

1645

González Rocha, Argimiro (hros. de)

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00

10

36034A16101644

161

1644

Avalle Alcántara, Victoriano

29.6.2020

10.00

1.7.2020

10.00