Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 2 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, polo que se notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-6/19 a citación para a entrega da proposta de resolución.

A instrutora do procedemento intentou notificar ao interesado a proposta de resolución. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procedeuse á publicación dun anuncio, o 6.3.2020 no Diario Oficial de Galicia e o 10.3.2020 no Boletín Oficial del Estado, en que se citaba o interesado o 17 de marzo de 2020 para comparecencia na cal facerlle entrega da proposta de resolución. Porén, a disposición terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declaraba o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establecía a suspensión dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, co que a citación para o 17 de marzo de 2020 quedou sen efecto.

A disposición derrogatoria única do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, prescribe que desde o 1 de xuño de 2020 queda derrogada a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Razón pola cal procede retomar a tramitación do procedemento mediante a publicación dun novo anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada nos termos citados dos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A continuación identifícase a persoa interesada (NIF), a referencia do procedemento e o trámite ao cal se lle convoca:

Persoa citada: 07871175T.

Procedemento: SXRH-PD-6/19.

Trámite: citación para o día 25.6.2020, ás 10.00 horas, na sede da Inspección Educativa en Santiago de Compostela (edificio do Mupega, na rúa San Lázaro, núm. 109, na cidade de Santiago de Compostela), co obxecto de comparecer perante a instrutora para a entrega da proposta de resolución.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional