Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23719

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2020.

O 26 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020.

No punto tres do ordinal terceiro da citada resolución sinálase que as contías establecidas nestas convocatorias poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No ordinal décimo terceiro da dita resolución convócanse as subvencións para rehabilitar vivendas e edificios de vivendas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), para o exercicio 2020, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E). No seu resolvo dous indícase que as subvencións previstas nesta convocatoria se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 07.83.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte repartición plurianual:

Liñas de axudas

Aplicación

Importe 2020

Importe 2021

Total

Liña A, de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas

07.83.451A.780.6

2018 00005-FFE

900.000 €

1.000.000 €

1.900.000 €

Liña B, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas

07.83.451A.780.6

2018 00006-FFE

1.000.000 €

1.500.000 €

3.000.000 €

07.83.451A.780.6

2018 00002-FCA

00,00 €

500.000 €

Total

1.900.000 €

3.000.000 €

4.900.000 €

Tendo en conta que na data de hoxe existe crédito libre nestes programas a consecuencia do reaxuste da anualidade 2020 do Plan 2018-2021, asinado no seo da comisión bilateral realizada o 7 de maio de 2020, e que o crédito fixado na convocatoria é insuficiente para atender o número de solicitudes habituais neste programa, é necesaria a ampliación do crédito establecido inicialmente.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co punto tres do ordinal terceiro da Resolución do 6 de febreiro de 2020, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, para o exercicio 2020.

O incremento da dotación afectará a anualidade 2020 dos proxectos 2018 00001 (Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade) e 2018 00002 (Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas) da aplicación 07.83.451A.780.6 conforme o seguinte cadro:

Liñas de axudas

Aplicación

Crédito

inicial 2020

Ampliación

Crédito

definitivo 2020

Liña A, de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas

07.83.451A.780.6

2018 00005-FFE

900.000 €

00,00 €

1.275.000 €

07.83.451A.780.6

2018 00001-FCA

00,00 €

375.000 €

Liña B, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas

07.83.451A.780.6

2018 00006-FFE

1.000.000 €

00,00 €

1.800.000 €

07.83.451A.780.6

2018 00002-FCA

00,00 €

800.000 €

Total

1.900.000 €

1.175.000 €

3.075.000 €

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo