Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2020 pola que se fai pública a formalización do primeiro contrato derivado correspondente ao lote 4, posto móbil completo do acordo marco, suxeito á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento informático para departamentos da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0042_l4_CD1), para a dotación de postos dixitais nesta entidade pública no ano 2019 (clave OH.788.405).

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 30200000 (equipamento e material informático).

4. Código NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES111 Santiago de Compostela (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: primeiro contrato derivado correspondente ao lote 4: posto móbil completo do acordo marco, suxeito á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento informático para departamentos da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0042_l4_CD1), para a dotación de postos dixitais na entidade pública Augas de Galicia no ano 2019. Clave do expediente: OH.788.405.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: contrato baseado nun acordo marco, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 16.200 euros. Importe total: 19.602 euros.

8. Valor estimado do contrato: 16.200 euros.

9. Prazo de execución do contrato: 1 mes.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: oferta técnica (ponderación 60 %) e prezo (ponderación 40 %). O criterio de adxudicación da oferta técnica desagrégase nos seguintes puntos: ergonomía do equipamento (ponderación 12 %), características do equipamento e servizo técnico (ponderación 18 %), capacidade técnica do equipamento (ponderación 11 %), duración da batería (ponderación 10 %) e extensión da garantía (ponderación 9 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 18 de febreiro de 2020.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 1.

12.2. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.3. Ofertas por vía electrónica: 0.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 5 de maio de 2020.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Balidea Consulting and Programming, S.L.

14.2. NIF: B15850647.

14.3. Enderezo: rúa dos Camiños da Vida s/n, Edificio Witland.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: concursos@balidea.com

14.6. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 16.200 euros. Importe total: 19.602 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: non procede.

17. Procedementos de recurso: fronte a este anuncio de formalización contractual, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso especial en materia de contratación ou directamente recurso contencioso-administrativo.

17.1. Recurso especial en materia de contratación:

17.1.1. Nome do órgano competente: Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGal).

17.1.2. Enderezo: Raxeira, 52, 2º.

17.1.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.1.4. Código postal: 15781.

17.1.5. Teléfono: 881 99 54 81.

17.1.6. Fax: 881 99 54 85.

17.1.7. Correo electrónico: tacgal@xunta.gal

17.1.8. Prazo de presentación do recurso: 30 días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ou 6 meses desde a data de formalización do contrato, nos termos expresados no artigo 50.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, en cumprimento do disposto no segundo parágrafo do número 4 da disposición transitoria primeira da devandita lei e tendo en conta o disposto no número 3 da disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19, segundo a modificación operada polo Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, así como o establecido na disposición adicional oitava do mencionado Real decreto lei 17/2020.

De interporse este recurso, que ten carácter potestativo, o escrito de interposición poderá presentarse en calquera dos rexistros do órgano de contratación, no Rexistro do TACGal (Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderá acceder aos formularios normalizados para empregar no procedemento de impugnación ante o TACGal a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web do Tribunal https://tacgal.xunta.gal, na ligazón para a presentación do recurso especial por medios electrónicos https://tacgal.xunta.gal/procedementos.html

17.2. Recurso contencioso-administrativo:

17.2.1. Nome do órgano competente: Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela.

17.2.2. Enderezo: edificio dos xulgados, Polígono das Fontiñas, rúa Viena s/n.

17.2.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.2.4. Código postal: 15703.

17.2.5. Teléfono: 981 54 04 63.

17.2.6. Fax: 981 54 04 64.

17.2.7. Prazo de presentación do recurso: dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De acordo co establecido na disposición adicional segunda, número 1, do citado Real decreto 463/2020 en relación co previsto no artigo 2 do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, o cómputo suspendido do prazo reiniciarase no momento en que perda vixencia ese Real decreto 463/2020 ou, de ser o caso, as súas prórrogas, e computarase desde o inicio, sendo o primeiro día do cómputo o seguinte hábil a aquel en que deixe de ter efecto a suspensión.

17.3. Servizo do que se poida obter información sobre os procedementos de recurso:

17.3.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.3.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.3.4. Código postal: 15706.

17.3.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.3.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.3.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Data de envío do presente anuncio:

19.1. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de maio de 2020.

20. Información sobre o Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

21. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de marzo de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 18 de febreiro de 2020.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 7 de maio de 2020.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia