Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 516/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 516/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Carballo Díaz, Yolanda Ferreiro Carballo contra Samfigal Gestión Integral, S.L.U. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Sentenza

Estimar a demanda formulada por Beatriz Carballo Díaz e Yolanda Ferreiro Carballo e condenar a Samfigal Gestión Integral, S.L.U. ao pagamento á demandante da cantidade de 2.745,03 euros (corresponde 1.295,77 euros a Beatriz Carballo Díaz e 1.449,26 euros a Yolanda Ferreiro Carballo), que se incrementará cos xuros do 10 %.

Impoñer as custas do presente procedemento, incluídos honorarios de profesionais ata 600 euros, á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que é firme e non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Samfigal Gestión Integral, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 1 de xuño de 2020

O letrado da Administración de xustiza