Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23396

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2020.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2020 por esta fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

6.2.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Federación Galega de Xoves Empresarios para a promoción de actividades conxuntas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

19.2.2020

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia no eido da investigación/innovación e a súa confidencialidade en relación co estudo de monetización do valor social da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

10.3.2020

0,00 €

Convenio de colaboración para a realización de Maker Faire Galicia na Cidade da Cultura de Galicia.

26.3.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Deputación da Coruña para a instalación de equipamento TIC no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia