Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 25 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente-e IN407A 2020/089-1).

Expediente-e: IN407A 2020/089-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforzo da LMT EIR721 alimentación Begano-Alfonso Molina, no lugar de Pedralonga.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV (actuación número 1), cunha lonxitude de 134 m, coa orixe no apoio número D16 existente da LMT EIR721 (expediente 9.912), condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número D16/2 proxectado, que substitúe o existente da LMT EIR721.

– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV (actuación número 2), cunha lonxitude de 25 m, coa orixe no apoio número D16-1 proxectado da LMT EIR721, condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no apoio número D16-1-1 existente de formigón da LMT EIR721 no treito da derivada ao CT Escorial (expediente 429/09).

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sito na rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 25 de maio de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/89-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforzo da LMT EIR721 alimentación Begano-Alfonso Molina, no lugar de Pedralonga.

Concello: A Coruña.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 3.

Lugar: Campus Universitario.

Cultivo: urbana.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• metros lineais aéreos: 10,0.

• m2 aéreos: 190,0.

Número de predio: 4.

Lugar: rúa da Felga.

Cultivo: urbana.

Propietaria/o: herdeiras/os de Juan Veira Fernández.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• m2 aéreos: 190,0.

Número de predio: 5.

Lugar: Campus Universitario.

Cultivo: urbana.

Propietaria/o: herdeiras/os de José Fernández Fernández.

Afección de solo en pleno dominio:

• apoio número: D16-2.

• m2: 2,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• metros lineais aéreos: 2,0.

• m2 aéreos: 35,0.

Número de predio: 7.

Lugar: rúa da Felga.

Cultivo: urbana.

Propietaria/o: herdeiras/os de José Veira Núñez.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• metros lineais aéreos: 5,0.

• m2 aéreos: 79,0.