Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre resolución de desistencia dun procedemento expropiatorio no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta xefatura territorial, do 9 de marzo de 2020, pola que se acorda a desistencia e o arquivamento das actuacións dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria Ferroatlántica, S.A.U. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da dita resolución ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes que contará a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 2 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2014/196-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Titularidade

25

Riba do Agro Vello

María Quintáns

32

Redondo

María Quintáns

33

Agro Vello

María Estrella Grille Díaz

41

Fontiñas

Veciños de Hospital

43

Portela Bacubelo

María Quintáns

73

Bao Carballo

Ángel Regueira Arias

81

Bao Carballo

Ángel Regueira Arias

82

Pexados

Ángel Regueira Arias

83

Pexados

Ángel Regueira Arias

97

Costa do Medio

María Quintáns

98

Costa do Medio

Rosa Quintáns Lema

102

Costa do Medio

Luz Pérez Pérez

114

Laxes Negras

Crisanto Blanco Fernández

117

Canleiro

Félix García Castiñeira

122

Canleiro

Jesús Beltrán Lado

128

Badalasiñas

Félix García Castiñeira

129

Badalasiñas

Perfecto Fernández García

140

Badalasiñas

Ramona Lema Ozón

196

Lagoas

María Lema Senra

207

Agra de Arriba

María Quintáns