Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 22969

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 29 de maio de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado Esica, de Vigo.

A titularidade do centro privado Esica, de Vigo, solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de sistemas informáticos en rede, do CS Guía, información e asistencia turísticas, do CS Xestión de vendas e espazos comerciais, e do CS Axencias de viaxes e xestión de eventos, e autorización para impartir o CS Promoción da igualdade de xénero.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización e supresión de ensinanzas

Autorizar o ciclo formativo de grao superior (CS) Promoción da igualdade de xénero, e suprimir o CS Administración de sistemas informáticos en rede, o CS Guía, información e asistencia turísticas, o CS Xestión de vendas e espazos comerciais e o CS Axencias de viaxes e xestión de eventos, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Esica.

Código do centro: 36024367.

Domicilio: travesía de Vigo, 42-44.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Composición resultante:

• CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Promoción da igualdade de xénero (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional