Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 23046

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 6/2020, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de encargado de quenda de celadores.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, varios postos de encargado de quenda de celadores, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 16 de marzo de 2020

Julio García Comesaña
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

1. Denominación do posto: encargado de quenda de celadores-urxencias.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.

2. Denominación do posto: encargado de quenda de celadores-servizos xerais.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.

3. Denominación do posto: encargado de quenda de celadores-quirófano.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.