Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para definir as aliñacións nas Barcias, O Seixo e Mugardos.

Por Resolución da Alcaldía núm. 332/2020, do 16 de abril, aprobouse inicialmente o documento do estudo de detalle para definir as aliñacións nas Barcias, O Seixo, Mugardos, promovido polo Concello de Mugardos, documento de data setembro de 2019, redactado polos arquitectos Julio Barallobre Sanmartín e Pedro Garrido Sánchez.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo dun (1) mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

Por Resolución da Alcaldía núm. 332/2020, do 16 de abril, acordouse a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Mugardos, 17 de abril de 2020

Juan Domingo de Deus Fonticoba
Alcalde