Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de xuño de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 53/2020 no expediente de reposición da legalidade IU1/140/2012-C1.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento abreviado número 53/2020, interposto por Jesús Manuel Rodríguez Vieites e Juan Manuel Alfonso Méndez, contra a resolución desestimatoria ditada pola Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición do 16.9.2019, interposto contra outra do 19.4.2018, expediente IU1/140/2012-C1, na cal se impón unha terceira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 4.11.2013, 14.10.2014, 16.6.2018 e 7.11.2017, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Amalia Hermelinda Rodríguez Vieites para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística