Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a participación pública o documento base do Plan de conservación do espazo natural de interese local Ribeiras do Mero-Barcés, pertencente ao concello de Abegondo.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente, a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas velarán por que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

A conservación da natureza e da diversidade biolóxica encóntrase dentro das materias sobre as que as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación.

Iniciado o procedemento para a elaboración do Plan de conservación do espazo natural de interese local Ribeiras do Mero-Barcés e do proxecto de decreto polo que se aproba o devandito plan,

ACORDO:

Primeiro. Someter a consulta pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o documento base de Plan de conservación do espazo natural de interese local Ribeiras do Mero-Barcés.

Segundo. En cumprimento da obriga prevista no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, durante o citado prazo, poderase consultar o plan no seguinte enlace do Portal de transparencia da Xunta de Galicia, na epígrafe Documentos en información pública de Patrimonio Natural.

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/procedementos-de-informacion-publica

Así como na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, entrando na subsección de documentos en información pública do Portal de conservación da natureza:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

a) Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: planificacion.conservacion@xunta.gal, poñendo no asunto «Plan de conservación do ENIL Ribeiras do Mero-Barcés».

b) Opcionalmente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e os representantes dalgunhas das anteriores.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural