Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2020, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial individual en Santiago de Compostela, promovido por Vego Supermercados, S.A.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial individual en Santiago de Compostela, promovido por Vego Supermercados, S.A.U.

Para estes efectos, cumprindo coa información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Vego Supermercados, S.A.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa á implantación dun establecemento comercial individual en Santiago de Compostela.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán consultar o expediente durante o referido período.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo