Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22856

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021.

BDNS (Identif.): 483213.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Prazo de execución e xustificación da subvención

Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Todos/as os/as solicitantes poderán solicitar no prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o cambio de datas para a execución dos proxectos que tiñan presentados no ámbito temporal recollido no punto anterior.

Segundo. Importe

As subvencións previstas nesta resolución financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias previstas nos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para o ano 2021, co seguinte detalle:

Liñas

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2021

Liña 1

11.A2 761A 760.0

500.000

Liña 2

11.A2 761A 770.0

1.000.000

Liña 3

11.A2 761A 781.0

1.800.000

3.300.000

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia