Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22695

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data
de sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Sanidade, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Sen achega económica

10.6.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Lugo, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio específico entre o Servizo Galego de Saúde e Bayer Hispania, S.L., para a realización e desenvolvemento do curso en liña Retina diabética para pacientes

Sen achega económica

26.12.2019

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia

Sen achega económica

10.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde, para a implantación do programa acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

13.1.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Área Sanitaria de Vigo) e a Fundación Meniños para a cesión dun local para o desenvolvemento do programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

Sen achega económica

14.1.2020

Addenda de prórroga do Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a compañía Abbvie Spain, S.L.U., para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación, asinado o 14 de xaneiro de 2019

Sen achega económica

14.1.2020

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Gilead Sciencies, S.L., para a realización de probas de detección de virus de transmisión sanguínea Proxecto Focus

Sen achega económica

18.1.2020

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS), para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a través da FPNS ao abeiro da convocatoria AES 2019

Sen achega económica

29.1.2020

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do II concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes

Sen achega económica

29.1.2020

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da FIDIS ao abeiro da convocatoria AES 2019

Sen achega económica

30.1.2020

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona, para a doazón dos importes correspondentes aos custos de dotación e actualización de diverso equipamento e das adaptacións necesarias de espazos, asinado con data do 22 de outubro de 2015

Sen achega económica

10.2.2020

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Kyowa Kirin Farmacéutica, S.L.

Sen achega económica

24.2.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Moaña, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Moaña

Sen achega económica

25.2.2020

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Lugo, para o desenvolvemento de accións conxuntas en prol das persoas con demencia, así como do seu ámbito familiar e convivencial

Sen achega económica

26.2.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cenlle no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Cenlle

12.929,76 €

4.3.2020

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Kyowa Kirin Farmacéutica, S.L., para o avance no desenvolvemento tecnolóxico necesario para o diagnóstico precoz en enfermidades raras

Sen achega económica

9.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Aditivas Utaca para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

192.693,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

108.184,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

198.708,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas, para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

168.253,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do Programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

946.589,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación cidadá de loita contra a droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.675.458,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

928.435,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.491.986,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

617.400,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps, para a realización do programa de enlace para a promoción, tratamento e rehabilitación en saúde mental infanto-xuvenil na Área de Xestión Integrada de Ferrol

155.287,00 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre Osakidetza-Servicio Vasco de Saúde e o Servizo Galego de Saúde, para unha distribución equitativa do stock de máscaras sanitarias

232.078,00 €

12.3.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, para a realización de probas de coronavirus COVID-19

Sen achega económica

25.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Ibermutua, para a realización de actividades de apoio durante a situación de alerta sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19

Sen achega económica

25.3.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

27.400,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos (Programa Itínere)

104.152,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

16.024,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

151.006,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

23.212,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

48.071,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

27.400,00 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Covelo no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Covelo

30.000,00 €

7.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

805.000,00 €

8.4.2020

Convenio específico entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado

Sen achega económica

14.4.2020

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a promoción da participación de distintos centros hospitalarios e de atención primaria en programas de formación e docencia clínica do grao de Medicina

69.789,60 €
(2020) 23.263,20 €
(2021) 27.915,84 €
(2022) 18.610,56 €

16.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no ámbito sanitario

42.018,00 €

23.4.2020

Cuarta addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do laboratorio de saúde pública para o control da calidade das augas soterradas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Sen achega económica

24.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., para a contratación do servizo de mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía marca Brainlab

Sen achega económica

24.4.2020

Addenda de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U., para o desenvolvemento e implementación do programa de derivación temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelética, asinado o 30 de abril de 2016

Sen achega económica

25.4.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Mondariz-Balneario no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Mondariz-Balneario

57.956,00 €

29.4.2020

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto Nacional de Estatística, para a comprobación da residencia que figura na base padroal das persoas titulares da tarxeta sanitaria en Galicia como empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

30.4.2020