Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO da orde de execución de limpeza da parcela en risco de incendio ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Gestiona 1336/2018).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da que non consta a identidade do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 1336/2018

Actuación de oficio lavadoiro Pedornes

22-931-Vilar Pedornes

Descoñecido

36036A022009310001WG

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 27 de maio de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa