Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de maio de 2020, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-02449-O-2019 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02449-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e o remate do procedemento sancionador.

A Coruña, 19 de maio de 2020

César Concheiro Ceide
Xefe do servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa denunciada

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02449-O-2019

4883-JMY

54127360B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

4.6.2019; 9.29; AP-9F; 25,2

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-03204-I-2019

LU-2139-U

Y1153458E

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

26.4.2019; 10.06.21; N-634; 664,500

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

XC-03437-I-2019

3635-KVC

79313721S

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

22.5.2019; 9.53.46; AC-523; 7,200

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros