Segundo o establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.
Na súa virtude e consonte o establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, e con efectos do día oito de xuño, Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de xuño de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural