Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para a dotación de accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a dotación de accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, formulado de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, segundo o proxecto elaborado polos arquitectos José Luis Gil Pita e Mª Cristina Nieto Peñamaría, presentado con data do 18.12.2019.

O ámbito da actuación correspóndese coa parcela catastral 5666901NH3456F0001RY, situada na marxe sur da avenida Mestre Mateo.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194 do seu regulamento de desenvolvemento, o estudo de detalle someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente practicarase notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia.

O estudo de detalle contén a delimitación do ámbito da actuación, para os efectos de habilitar, se for necesaria, a aplicación dos réximes de expropiación, venda e substitución forzosa dos bens e dereitos afectados, de conformidade co previsto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, artigo 13 da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia, e artigo 99.1 da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia».

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-para-a-dotacion-de-accesibilidade-ao-grupo-de-vivendas-de-San-Ignacio-de-Loyola/gl.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica