O día 26 de xaneiro de 2016 José Luis Gavela Varela, en representación da mercantil Noroeste Natural, S.L., con domicilio na avenida de Pontevedra, nº 5, 1º, 32005 Ourense, solicita a declaración da condición de minero-medicinal e termal das augas procedentes da captación situada en terreos propiedade da dita sociedade, no termo municipal de Ourense, que responde ás seguintes coordenadas (ETS89 fuso 29):
X= 592.155
Y= 4.689.364
En consonancia co estipulado no Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, realízase a presente publicación para os efectos oportunos.
Ourense, 7 de maio de 2020
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense