De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:
1. Resolución do 30 de marzo de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a prestación dun servizo de apoio técnico ao seguimento da política pesqueira na Comunidade Autónoma.
– Actividade: realizar traballos de apoio técnico para o seguimento da política pesqueira común na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de abril de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.
– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 15.01.721A.640.2 e con código de proxecto 2016 00324.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar