Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto de ampliación dunha planta solar fotovoltaica en Vilardevós, Ourense (expediente IN408A 2020/1-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se cita:

Solicitante: Raiola Future, S.L., CIF B-27487149.

Domicilio: r/ Maciñeira, 32; Parque Empresarial Sete Pontes, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación: ampliación do parque solar fotovoltaico existente na situación descrita, que pasa dos 1.480 kW de potencia nominal actual a 2.153,75 kW, coa presente ampliación de 673,75 kW.

Situación: Monte Outeiro das Minas, Vilar de Cervos, concello de Vilardevós. Parcelas con referencia catastral: 32092A06801684; 32092A06801682, 32092A06801681. Coordenadas UTM ETRS89: x: 635583, y: 4639510, Con acceso pola estrada OU-1008, p.q. 3,7.

Características técnicas da ampliación:

– Instalación solar fotovoltaica, para evacuación á rede de distribución, tipo II (Real decreto 1578/2008, do 26 de setembro) de 673,75 kW de potencia nominal (673,75 kWp), dotada de: 2.245 módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino de 300 Wp/u, marca TRUNSUM, modelo TXM 300-60; 31 seguidores solares de dobre posición (verán/inverno) BRAUX, modelo monosoporte; 5 inversores de sting de 134,76 kW de potencia nominal unitaria intemperie (IP-65) modelo ABB, modelo PVS-175, con potencia limitada que certifica o fabricante, para transformar continua a alterna 800 V (AC). Elementos de protección en continua e alterna.

– Centro de transformación con transformador de potencia de 1.000 kVA, con r/t 20/0,8 kV, refrixerado mediante o dieléctrico ORGANIC, en edificación prefabricada de formigón, cos seus elementos de corte, protección e servizos auxiliares que figuran no proxecto.

– Liña eléctrica soterrada de evacuación, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1 12/20 3×(1×150) mm2 Al 2OL, de 15 m de lonxitude, de conexión do CT proxectado co centro de seccionamento (CS) (32CKP5) existente da compañía eléctrica, dispoñible na parcela.

– (CS) Centro de seccionamento que, mantendo a envolvente e as celas existentes, incorpora unha nova cela de liña, para conexión da ampliación proposta.

– Orzamento de execución material: 485.492,57 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións, dirixidas a este organismo, no prazo de vinte días.

Ourense, 11 de maio de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense