Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22160

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 11 de maio 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400B).

BDNS (Identif.): 508078.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta orde e non estean incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde.

Segundo. Obxecto

Edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de maio 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400B).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 200.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 11 de maio de 2020 no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo