Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso contencioso-administrativo 4035/2020, interposto contra o Decreto 153/2019, do 21 de novembro, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda).

A Secretaría Xeral Técnica recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo 4035/2020, interposto pola Organización de Productores de Mejillón de Galicia (Opmega), Asociación de Mejilloneros Gallegos (Amegal), Asociación de Mexilloeiros da Illa de Arousa, Femex Federación de Asociacións de Mexilloeiros e Amegrove, Sociedade Cooperativa Limitada, contra o Decreto 153/2029, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas.

En consecuencia, acórdase, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala, no prazo de nove días contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar