Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, e a data para o pagamento de depósitos previos e a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Bueu.

Con data do 11 de maio de 2020, a Axencia Galega de Infraestructuras emite resolución en que acorda o inicio e a continuación de determinados procedementos administrativos de expropiación de terreos e bens afectados pola execución de obras competencia da Axencia, ou que lle foran encomendados, ao abeiro do establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 24 de outubro de 2019, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Bueu, mediante o Decreto 139/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia do 7 de novembro de 2019.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Marín e Bueu para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Bueu:

Lugar: Casa do Concello de Bueu.

Data: 2 de xullo de 2020, das 10.00 ás 13.45 horas.

Termo municipal de Marín:

Lugar: Casa do Concello de Marín.

Data: 3 de xullo de 2020, das 11.00 ás 11.45 horas.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo executará o pagamento dos depósitos previos mediante transferencia bancaria ás persoas propietarias. No caso de non ter presentado a documentación acreditativa da titularidade do predio, o certificado de titularidade da conta bancaria, cos códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa.

Así mesmo, en cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, convócanse as persoas propietarias ao acto de formalización das actas de ocupación no lugar, día e hora seguintes:

Termo municipal de Bueu:

Lugar: Casa do Concello de Bueu.

Data: 20 de agosto de 2020, das 10.00 ás 13.45 horas.

Termo municipal de Marín:

Lugar: Casa do Concello de Marín.

Data: 21 de agosto de 2020, das 11.00 ás 11.45 horas.

No mesmo acto ofertaránselles ás persoas propietarias as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Marín e Bueu, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, avenida Mª Victoria Moreno, nº 43-1º, 36003 Pontevedra, e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Web/Contidos/Aviso/aviso_0162.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados, de ambos os actos, mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, para o cal poderán ir acompañados pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Pontevedra, 18 de maio de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra