Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso do Plan xeral de ordenación municipal vixente na parcela sita no lugar Castaño de Eirís, 1D, A Coruña, polo uso de benestar social e asistencial público (expediente 631/2020/74).

O Pleno do Concello, na sesión do 14 de maio de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso de equipamento docente de titularidade privada ED (Pv) previsto no documento do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Coruña para a parcela sita no lugar Castaño de Eirís, 1D, coa referencia catastral 9291703NJ4999S0001JD, titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, polo uso de benestar social e asistencial público AS (Pb), reflectido no plano de ordenación que se xunta a este acordo.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, remitilo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e publicalo no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o acordo ás áreas e departamentos municipais interesados na súa aplicación.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe Planeamiento/planeamiento vigente, ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Estado Desarrollo PXOM 2013.

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de maio de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3829, do 17.6.2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade