Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21675

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecidos na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR905A).

BDNS (Identif.): 498579.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Obxecto

O obxecto da resolución é conceder axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia, que carezan de recursos suficientes.

Segundo. Bases reguladoras

Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecidos na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR905A).

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de outubro de 2020, incluído.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración